Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Cociña > Reportaxes > Suxestións do chef
Banquetes a domicilio

Unha celebración en casa pode ser todo un reto, especialmente se se trata dun número elevado de convidados. Nestes casos, as empresas profesionais ofrecen todo o necesario, desde menús ata persoal ou asesoramento en decoración.

Especialmente agora que se achegan as datas de Nadal e os compromisos sociais multiplícanse, unha celebración en casa pode ser un problema cando non se dispón de tempo nin práctica á hora de dispor todo ata o último detalle.

Existen numerosas empresas dedicadas profesionalmente á organización deste tipo de eventos que ofrecen unha serie detallada de servizos e menús, con propostas abertas que se poden modificar, tanto a nivel de contido como de prezos. 

Estas empresas desprázanse aos domicilios particulares pero tamén a outros lugares como clubs sociais, xa que en ocasións a afluencia de público imposibilita a celebración en casa. Algunhas atenden compromisos cun límite de 300 persoas, mentres que outras colocan a súa cifra máxima en 2.ooo e hainas incluso sen un límite fixo de comensais. 

Clásicos e de vangarda
É habitual ofrecer varios menús degustación para que o cliente elixa, desde os máis clásicos ata os canapés minimalistas, hai empresas especializadas en ofrecer cocina xaponesa, de vangarda, sabores árabes, delicias de pastelería e repostería e incluso cáterings especialistas en cenas temáticas ou en 'fingerfood', unha opción idónea cando se trata de preparar unha celebración tipo buffet. 

Unha vez concretado este punto, decídese que tipo de decoración se vai realizar. A imaxe que ofrecerá o espazo é fundamental. Pódese elixir entre unha decoración rústica ou se se prefire, pódense incluír utensilios lacados e teas de rafia que acheguen un toque oriental. Tamén se poden colocar centros con  froitas para as mesas dos convidados ou as auxiliares. 

Pódese elixir soamente o menú e pedir que o traian ata a casa. O cliente elixe os pratos que desexa e a empresa fainos chegar o día do evento. Nestes casos, acostuma tratarse xeralmente de preparacións que non requiren unha elaboración inmediata, máis ben sándwiches, canapés ou comidas frías, para o cal tan só se precisa dispor a comida xa elaborada en pratos e fontes ou ben solicitarlles á empresa que achegue a vaixela en caso necesario. 

Servizo de camareiros
Noutras ocasións requírese un cátering completo, onde xa se inclúe a presenza de camareiros, cociñeiros e outros aspectos como a citada contratación da vaixela na que se presentará a comida. Os camareiros son necesarios a partir dun determinado número de comensais para garantir que os convidados estean perfectamente atendidos. Polo xeral, para uns 40 invitados cóntase cun camareiro encargado de servir as bebidas e outro para ofrecer a comida, ademais da persoa que poida estar traballando na cociña, en caso necesario. 

Cando se trata de celebracións nas que os convidados están sentados á mesa e o menú inclúe pratos quentes, o cociñeiro da empresa pode dispor da cociña do domicilio. Hai que ter en conta que, aínda que o menú veña practicamente confeccionado, sempre hai pratos que precisan un último toque de calor antes de servirse á mesa ou ben outros que se deben fritir no momento. Estes pratos sérvense en fontes, pero as sobremesa poden presentarse en pratos individuais. Unha opción moi vistosa é ofrecer un bufett de sobremesa. 

No caso de que sexan necesarios determinados utensilios de tipo industrial para facer o traballo máis rápido, a empresa encárgase de achegalos. Por outra parte e ante a posibilidade de que haxa nenos neste tipo de eventos, os profesionais acostuman ofrecer menús infantís adaptados aos máis pequenos. 

En canto aos prezos, estes acostuman incluír –ademais do menú previamente elixido- o desprazamento ata o domicilio particular, os servizos de vaixela, cristalería e cubertos. Algunhas empresas traballan nun radio xeográfico limitado e no caso de que haxa que se desprazar máis alá establécese un suplemento en concepto de transporte. 

Artigos relacionados:

Cómo organizar unha festa infantil

Grupos numerosos e boa cociña

19 de novembro de 2007


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.